‘Limbo’ chegará á PSN e Steam

Por: Luns, 11 de Xullo de 2011

Pois máis claro auga de río sen contaminar, porque a obra desenvolvida por Playdead, Limbo, deixará de ser exclusiva da Xbox Live para aterrar na plataforma online da Sony e no Steam.

Na Europa chegará á PSN o 20 de xullo mentres que os usuarios de PC terán que agardar até o 2 de agosto momento en que poderán desfrutar de esta aventura en branco e negro.

Se son honesto aínda non probei este título, pero observando as excelentes críticas que recibiu ao redor do mundo creo que pode ser un xogo digno de catar. Aínda que se estivese pensando en mercalo tampouco podería, xa que non se sabe oficialmente o prezo co que sairá, pero presúmese que sexa igual ao de Xbox Live, é dicir, uns 15 euros.

Tamén sabemos que o 11 de xullo a mesma Playdead sacará a banda sonora do título a uns cinco euros (aínda lembro cando había compañías que a puñan gratis para descargar).

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “‘Limbo’ chegará á PSN e Steam”

  1. aPeleteiro di:

    Oh yeah 2 de agosto!!! A por él!!!

Deixar un comentaio a aPeleteiro