Buff, como pasa o tempo para os videoxogos, hai non, espera, tamén para os humanos.

Certo día como hoxe pero hai vinte anos nacía por primeira vez Sonic para Mega Drive, converténdose na mascota da propia consola e capturando o corazón de milleiros de persoas (verdade Amil?), pero en dúas décadas mudaron moitas cousas e non precisamente para ben.

Aínda así, e recoñecerei que sempre estiven máis ligado ao fontaneiro de Nintendo, non podo evitar ter un gran aprezo a este ourizo, e non só polas primeiras grandes entregas, se non polas discusións “cariñosas”,algunha que outra camisola, autocolantes, pósters…

Por isto merece as miñas felicitacións, e para os que pensedes igual, Sega pon á nosa disposición só até o 12 de xullo (así que apurade) unha Demo de Sonic Generations en PSN e Xbox Live, coa versión para o Sonic clásico do seu Acto Green Hill.

Se o queredes probar non vos despistedes moito.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Sonic fai hoxe 20 anos e hai un pequeno agasallo”

  1. AmilGZ di:

    Sonic fai 20 anos… Mi má, fago-me velho!

  2. mau di:

    Antes de Mega Drive, xa saira para Game Gear e Master System…

Deixar un comentario