Análise de Terraria para PC

Por: Venres, 3 de Xuño de 2011

O día 16 de maio veu de sair ó mercado Terraria, un xogo do que moito se falou dentro do que se deu en chamar escena indie, xogos que con baixo presuposto, non teñen nada que envexar ás grandes produccións.

Trátase en liñas xerais dun RPG de acción en 2D, pero non un RPG ó uso, xa que emprega elementos de xéneros tan dispares coma os xogos de construcción, exploración, recolección, ou aventura. En definitiva, e como os seus propios creadores din, (o pequeno estudio Re-Logic), o espírito do xogo pode resumirse na seguinte frase: “Escava, pelexa, explora, constrúe! Nada é imposible neste xogo de acción e aventura. O mundo é o teu lenzo e a propia terra a túa pintura.”

E non lles falta razón, pois poderíase dicir que trátase dunha combinación perfecta de xogos da talla dos míticos Castlevania ou Super Metroid no que a exploración ou ambientación se refire, do gran Megaman no plano estético ou do combate, e inclusive en canto a liberdade absoluta que presenta para elixirmos o noso camiño asemella ós grandes sandbox de nova xeración. Eso sin falar do plano de construcción, fundamental para a nosa supervivencia, onde poderíamos enumerar unha longa lista de influencias.

Para que vexades todo con máis detalle, deixovos co trailer oficial, de case 5 minutos de duración, onde poderedes ver con máis detalle todo o anteriormente citado, para a continuación introducirmonos de cheo na análise.

Nun xogo de esta magnitude, por onde comezar a análise? Pois ben, imos comezar polo principio, os primeiros momentos no universo de Terraria. Estos primeiros momentos, preséntanse moi pero que moi confusos, xa que unha vez no mundo, (que por certo, son creados aleatoriamente, asegurando a rexogabilidade), atópaste completamente perdido sen saber qué facer nin hacia onde ir, simplemente equipado cun pico e cun machete. Pero por sorte, pronto nos topamos co “Guía” un dos poucos NPC que van aparecer no noso mundo, para darnos as primeiras pistas.

As pistas que o Guía nos da son fundamentais para sobrevivir estos primeiros momentos, xa que nos indica que se queremos sobrevivir durante a noite (e si, o tempo pasa e hai día e noite) temos que poñernos mans á obra e reunir suficiente madeira para podermos construir un refuxio no que poidamos estar a salvo dos zombies que van a aparacer durante a noite.

E así comeza a nosa aventura, reunindo os materiais básicos para poder sobrevivir a primeira noite no mundo de Terraria, o cal será o primeiro de moitas misións de exploración para recadar materiais moito más valiosos que a madeira, cos que poderemos crear infinidade de armas, armaduras, ferramentas, e inclusive casas como nunca puidemos imaxinar cando desembarcamos no mundo de Terraria por primeira vez, todo co obxectivo de sobrevivir, xa que o grado de dificultade dos enimigos que imos atopar, vai aumentar exponencialmente, e inclusive, como me ten pasado a min, explorando e explorando de repente aparece un enimigo que nunca antes viras e mátache de un só toque.

Como vedes, a exploración, a recolección, a construcción e o combate son fundamentais, pero por se iso non fora pouco, o xogo presenta varios aspectos máis, que fan del, na miña opinión, todo un must-have ou na nosa lingua unha compra obrigada.

Por unha banda, a presencia don mudo multixogador para ata 8 xogadores simultaneamente, co que xa vos podedes imaxinar o grado de diversión que se pode acadar nun xogo destas características, simplemente pensade, 4 xogadores explorando unha mazmorra e outros 4 outra e logo xuntarse todos, reunir os materiais que se encontraron, e a facer armas para o equipo. Un simple exemplo das múltiples posibilidades máis que ofrece o multixogador.

Doutra banda, a inclusión dun modo PVP, na que de 2 a 8 xogadores, agrupados de 1 a 4 equipos diferentes, e con tódalas posibilidades do xogo. Construir fortalezas, defendelas, facer camiños secretos para tender emboscadas, etc. etc. etc. Doutra volta posibilidades case infinitas.

E por se isto fóra pouco, Re-Logic preséntanos actualizacións periódicas (xa van dúas en 15 días) na que a parte de corrixir posibles erros, engaden contido adicional, como novos enimigos, novas armas e obxetos para crear ou melloras nos obxetos xa existentes.

En conclusión, e xa para rematar, compre dicir que o xogo está dispoñible actualmente para PC a través da plataforma Steam, a un prezo de 9,99 €, un prezo inversamente proporcional ó que nos ofrece tanto en opcións de xogo, como en tempo que lle imos adicar. Tamén está planeada a súa portabilidade tanto a XBOX Live coma a dispositivos iOS.

E antes de pasar coas ligazóns onde podedes consultar con maís detalle tódolos datos do xogo, simplemente animarvos a que lle deades unha oportunidade, xa que xogos así, son os que fan que os videoxogos merezan realmente a pena.

Páxina oficial
Terraria en Steam
Wiki oficial de Terraria

Edito: Engado un regaliño que acabo de facer no xogo, para que vexades as posibilidades.

Sobre o autor:

@aPeleteiro | Ver as entradas publicadas por aPeleteiro »

«Practicamente coma todos os da miña xeración, a miña relación cos videoxogos comezou cando me regalaron a NES, o que fixo que dende entón non puidese abandonar nunca máis este marabilloso mundo. A partir daquela pasaron pola miña man case que toda as consolas, Super NES, Nintendo 64, PlayStation 1 e 2, XBOX 360, sen esquecer as portátiles de todas as cores. Actualmente adico maioritariamente o meu tempo a xogos indies e sobre todo ó inigualable League of Legends

3 Comentarios a “Análise de Terraria para PC”

  1. Skaltum di:

    Xa dixen en varias ocasións, as grandes empresas deberían ter máis en conta a estos proxectos indie, porque cada vez están sorprendendo máis aos xogadores, e non precisamente aos casuals.

  2. aPeleteiro di:

    Totalmente de acordo, a dificultade deste é bastante elevada, non coma esos xogos main-stream que parecen para nenos jejeje.
    Polo demáis, os 10 mellores euros que invertin nun xogo dende fai moito moito tempo…

  3. Animado pola boa crítica de aPeleteiro e aproveitando que é a oferta do día en Steam (dous euros e medio), merqueino, aínda que non lle vaia a dar moito uso polo de agora.

Deixar un comentario