20 motivos para non comprar (polo momento) a 3DS

Por: Mércores, 1 de Xuño de 2011

A Nintendo 3DS non está a ser o éxito de vendas que se prevía. A empresa xaponesa de procuras online Goo decidiu facer un inquérito a 1.110 consumidores xaponeses (39.5% homes e 60.5% mulleres) sobre os motivos de aínda non teren comprado unha 3DS. As 20 razóns máis populares son:

20. Á espera de que os meus amigos me compren unha.
19. Os xogos da DS parecen estricados e fican difíciles de ver.
18. Non hai xogos da Famicom (a nosa NES) na Consola Virtual.
17. Os botóns parecen difíciles de usar.
16. Non é posíbel transferir Puntos DSi.
15. Á espera dunha versión con pantalla maior.
14. Á espera da NGP da Sony.
13. Non é posíbel xogar xogos da Game Boy.
12. Non existe na cor que eu quero.
11. Non é posíbel xogar xogos de Game Boy Advance.
10. Debe ser pesada de levar.
9. O tempo de duración da batería parece ruín.
8. Satisfeito coa PSP.
7. Satisfeito cun teléfono móbil e xogos para móbil.
6. Á espera dos xogos que eu quero (como Pokémon, Zelda…).
5. Xogos de lanzamento mediocres.
4. Medo de marearse coa pantalla.
3. Medo de ter problemas de visión.
2. Satisfeito coa DS/DSi.
1. É cara/Á espera dunha redución de prezo.

Máis unha vez, os falantes de xaponés poden ver a nova orixinal no sitio da Goo: http://cache001.ranking.goo.ne.jp/crnk/ranking/027/nintendo3ds_notbuy/p1/

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

3 Comentarios a “20 motivos para non comprar (polo momento) a 3DS”

  1. Skaltum di:

    Eu supoño que dous factores son os máis relevantes neste aspecto, o prezo e a miseria de videoxogos que sacaron coa saída.
    O segundo aspecto pronto se comezará a paliar (o 17 deste mes comeza co Ocarina of Time) e o segundo…. a política de Nintendo sempre se baseou na mantemento do prezo durante anos, así que non sei eu, pero conto que coa calidade de xogos que sacarán progresivamente as ventas de 3DS aumenten.
    Supoño.

  2. AmilGZ di:

    Eu suponho que a comprarei se baixa de preço (pouco provável), sacam umha nova versom (tipo como o paso da DS á DS Lite) ou sacam mais cores.

    E também a possibilidade do homebrew pode inclinar muito a balança.

  3. Zeta di:

    Me parece que exageran en algunos puntos.

    20- Esta no tiene sentido
    18- El eShop acaba de salir, con tiempo lo pondrán, no todo tiene que salir de primeras, ¿te comprabas alguna consola pensando en eso, antes? patética escusa.
    17- “Parece” ¿eso una razón? Y aun encima no son difíciles.
    13 y 11- Ahorran MUCHO espacio quitando esa ranura y con ello pueden poner cosas más importantes. Y seguro que los pondrán en el eShop para descargar (Hacer dinero es primordial XD).
    10- Si es bastante ligera. No llega ni al peso de PSP o DS Original
    4- Solo afecta a algunas personas, y aun encima existe el ajuste 3D para algo.

    La única normal y obvia es el catalogo de salida que tubo, que dio pena XD
    Pero ahora con el Zelda. BUM XD

    Pd: Muy buena la Web. Seguro que atrae a bastantes personas XD
    Pero sintiéndolo mucho yo no seré una de esas personas.
    (Ya me llega con tener 100 noticias de vídeo juegos al día XDD)
    Pero había que aplaudiros por la web tan currada que tenéis ^^

Deixar un comentario