Xoga ás ‘maquiniñas’ no navegador

Por: Venres, 27 de Maio de 2011

Pica Pic – A colección dixitalizada de Hipopotam de xogos electrónicos portátiles

http://www.pica-pic.com/

Os máis novos non se lembrarán, pero hai moitos anos non había Nintendos DS nin PSP. Nin sequera Game Boys. A industria do videoxogo portátil reducíase ás chamadas maquiniñas, capitaneadas polas míticas Game&Watch de Nintendo. Tratábase de máquinas cun único xogo nunha pantalla de cristal líquido cun fondo debuxado. A versatilidade era ínfima, mais a xogabilidade era adictiva.

Hoxe en día aquelas maquiniñas fican no esquecemento, a pesar de reedicións modernas feitas por Nintendo e de recompilatorios de Game&Watch para Game Boy. Porén non todo está perdido, pois desde Pica Pic ofrécennos a posibilidade de xogarmos a multitude daquelas maquiniñas directamente no navegador. A que esperas para rememorar vellos tempos?

Plus: Cada xogo ten clasificacións, diarias e absolutas… Demostra que es o mellor!

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a “Xoga ás ‘maquiniñas’ no navegador”

  1. Skaltum di:

    Meu deus, e eu que aínda lembro con claridade gran cantidade destas maquiniñas. Algunhas cun pantallas intercambiábeis, outras que se abrían… e como ben dis, todos cunha cualidade, unha xogabilidade honestamente impresionante.
    Recordo unha na cal un dinosauro tiña que esquivar meteoritos,e moitas horas pasei enganchado. Así descubrín como se extinguiron os lagartos xigantes xD

Deixar un comentario