Teremos un total de 40 horas de Arkham City

Por: Mércores, 18 de Maio de 2011

Para aqueles que non probastes o Arkham Asylum tedes dúas misións, a primeira ler o análise aquí realizado e a segunda correr a por el e desfrutalo como ningún.

Despois de xogalo comprenderedes as expectativas que ten esta segunda parte, que non só promete igualalo, se non que ten todas as pintas de superalo. Ou polo menos no tocante á duración case seguro, xa que a propia Rocksteady (responsábel de Arkham City) asegurou que o xogo alcanzará as 40 horas de xogo.

As misións secundarias en Arkham City son un bo exemplo de durabilidade. Temos cerca de 15 horas de historias fóra do fío argumental principal. A estas misións, debemos sumarlle as máis de 25 horas que custa completar o modo historia polo argumento principal.

Xa vedes, non hai ningún rumor, todo é oficial, parece que teremos un total de 25 horas de historia principal, que para unha aventura deste tipo xa me parece moitísimo, e 15 horas de misións secundarias (que se seguen a liña da primeira parte eu conto pasalas todas).

Eu estou encantado de que lle dean duración ás aventuras (xa podían outras compañías coller exemplo),e con esta noticia teño aínda máis ganas de probalo… se cabe.

Por certo, o título sairá o 18 de outubro para Xbox 360,PS3 e PC

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Teremos un total de 40 horas de Arkham City”

  1. Interesante. Moito me amolan os videoxogos que en 5 horas xa os podes devolver!!!
    Haberá que botarlle un ollo.

    E mira ti que ben!! Xusto sae o día do meu cumpreanos!!! E si, vai con segundas 😛 😛

Deixar un comentario