Mass Effect 3 vaise para o 2012

Por: Xoves, 5 de Maio de 2011

Despois da resaca alegre por saber que máis ou menos pronto poderemos ter o The Darkness 2 nas nosas mans, baixamos as nosas emocións ao saber que un dos mellores xogos deste ano vaise para o 2012.

Efectivamente, Mass Effect 3 que nun principio sairía neste ano, retrásase até o primeiro trimestre do 2012.

Motivos?,aquí as palabras de Casey Hudson, Productor Executivo da saga.

Mass Effect 3 lanzarase nos primeiros tres meses de 2012. O equipo de desenrolo estase centrando en facer que Mass Effect 3 sexa o máis grande, mellor e máis destacado xogo de toda a serie, asegurándose que supera as expectativas de todos.

En fin,tocará esperar para volver a controlar a Shepard e compañía na súa máis grande aventura,ou iso espero.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Mass Effect 3 vaise para o 2012”

  1. A verdade unha das mellores sagas de videoxogos que teño visto últimamente!!
    Mágoa que teñamos que agardar ata o 2012, pero bueno, a ver se a espera merece a pena, que tal como rematou o 2, amola moito…. ¬¬ ¬¬

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario