Chrono Trigger ponse a tiro da PSN

Por: Martes, 26 de Abril de 2011

 

Pois si, parece que este clásico de Super Nes con varios remakes xa feitos, vai aparecer nesta ocasión para a plataforma virtual de PlayStation (que tantos problemas anda a dar nestes últimos días).

Pouco se pode dicir de este clásico que non se dixera xa, Sakaguchi na dirección do xogo, Uematsu na parte sonora, e Toriyama no deseño de personaxes. Todo un plantel de luxo que de feito denominouse “Dream Team”.

A confirmación non é oficial, pero é máis que segura xa que a ESRB, empresa encargada da catalogaxe por idades dos xogos nos EEUU, ven de listar Chrono Trigger.

Compra obrigada para os que non puideches desfrutalo no seu tempo e unha boa forma de reavivar as lembranzas para os nostálxicos coma min que ven nel un dos mellores RPG da historia.

Déixovos co tráiler da versión que saiu para DS fai un par de anos para que vos entren as ansias…

 

Sobre o autor:

@aPeleteiro | Ver as entradas publicadas por aPeleteiro »

«Practicamente coma todos os da miña xeración, a miña relación cos videoxogos comezou cando me regalaron a NES, o que fixo que dende entón non puidese abandonar nunca máis este marabilloso mundo. A partir daquela pasaron pola miña man case que toda as consolas, Super NES, Nintendo 64, PlayStation 1 e 2, XBOX 360, sen esquecer as portátiles de todas as cores. Actualmente adico maioritariamente o meu tempo a xogos indies e sobre todo ó inigualable League of Legends

1 Comentario a “Chrono Trigger ponse a tiro da PSN”

  1. Skaltum di:

    Eu probeino mediante emulador, e a verdade é que me gustou bastante, e iso que non son moi seguidor dos xogos de rol, polo que tamén animo a todos aqueles que non probasen este título a que lle boten un ollo, e se sodes fans deste tipo de xogos, nin o dubidedes.

Deixar un comentario