Sony deixa de fabricar a PSP Go

Por: Mércores, 20 de Abril de 2011


Acaba de saberse que Sony vai deixar de fabricar a PSP Go nas súas fábricas de Xapón e Reino Unido. O motivo non é outro que o vindeiro lanzamento da nova consola portátil NGP (Next Generation Portable), coa que pretende seguir dándolle guerra á súa principal competidora no campo das portátiles, que non é outro que Nintendo coa DS (con todas as súas versións). Agárdase que a nova consola chegue ás tendas hacia finais deste ano 2011, aproveitando así a época do Nadal.

Sony seguirá coa distribución das existencias ata que se esgoten, polo que pode que vexamos un descenso no prezo.

Sobre o autor:

@NetOverflow | Ver as entradas publicadas por NetOverflow »

«A miña primeira consola propia foi unha das míticas compatibles coa NES que traían un feixe de xogos dentro. Máis tarde adquirín unha SNES coa que botei moitas horas diante da televisión, ata que me pasei ó mundo do PC, onde descubrin un mundo novo. Actualmente ando entre os xogos de PC e os de XBOX 360, aínda que de cando en cando, conecto a SNES para volver desfrutar cos seus grandes xogos.»

1 Comentario a “Sony deixa de fabricar a PSP Go”

  1. Skaltum di:

    Eu creo que o motivo non é precisamente o de deixarlle paso á próxima NGP, se non o de non vender nin as unidades mínimas para compensar o gasto dos panos que acompañan a PSP para limparlle a pantalla.
    E a verdade é que non me extraña, unha consola só de descargas, quitándolle funcións que tiñas as anteriores e a un prezo tan elevado…o que non me extraña é que non as deixasen de fabricar xa hai tempo.

Deixar un comentario