Memoria Pixelada fai 2 anos

Por: Luns, 4 de Abril de 2011

Certo día como hoxe fai xa un par de aniños estreaba Memoria Pixelada cun post que mencionaba a posibilidade de ver a segunda parte de Beyond Good & Evil.

Pois ben, do xogo aínda non sabemos nada pero de aquel día a hoxe as cousas por este recuncho cambiaron moitísimo.

Memoria Pixelada comezou a medrar pouco a pouco, e todo isto grazas a todos aqueles que seguen esta páxina diariamente, e como non, os que colaboran na web coas súas aportacións pixeladas.

Neste aspecto teño que resaltar este segundo ano, xa que foi un ano de cambios, de modificacións, de estreas… e todo isto débese a incuestionábel axuda e unións á plantilla da páxina.

Polo tanto quédame agradecer a colaboración de AmilGZ (sempre procurando mellorar o aspecto de Memoria Pixelada),Donatica,NetOverFlow,David Holm,Odinnet e a última unión a esta tolería, aPeleteiro. Todos intentamos falar deste mundo dende a nosa perspectiva e criterio propio, e deste xeito seguiremos. Sobra dicir que estou inmensamente agradecido a súa colaboración, a súa participación, xa que con eles deixei o camiño da soidade para sentirme acompañado nesta viaxe de píxeles.

Neste ano tamén cambiamos para un novo dominio, e isto débollo a Marcos, que servíu para darlle un toque máis profesional á páxina.

Por suposto non me podo esquecer de Leo (a ver para cando outra colaboración?) nin de Marcus, que cando non sabía absolutamente nada de blogs, el solucionoume a maior parte dos problemas. Grazas de verdade.

E como non, agradecer de novo a todos os lectores que ledes Memoria Pixelada día a día, que deste xeito conseguistes que este proxecto leve vivo (e cada vez con máis forza) dous anos completos.

Moitas grazas a todos e espero seguirvos vendo por esta zona, comentando,criticando,opinando,berrando…e así ata o terceiro aniversario.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

4 Comentarios a “Memoria Pixelada fai 2 anos”

  1. AmilGZ di:

    Grazas a ti, Skaltum, xa que sen ti nada disto sería posíbel.

    E parabéns!

  2. Parabéns e que siga por moitos máis!

  3. Leo di:

    Gracias por acordarte de min. Sigo lendo cando podo o blogue, e a verdade e que non colaboro mais por que non teño moito tempo libre, xa que a miña vida esta bastante axitada ultimamente e non podo ter o tempo que me gustaría para poder xogar e comentar.

    De todas formas aledame moito que sigas co blog, animo e pa diante!!!

  4. The nameless one di:

    Parabéns, por moitos anos, e grazas polos vosos esforzos!

Deixar un comentario