Kojima podería presentar dous novos xogos no E3

Por: Mércores, 23 de Marzo de 2011

Pasándome por Anaitgames atópome de fronte cun rumor que atinxe o creador de Metal Gear, xa que parece ser que para o próximo E3 que se celebrará a principios de xuño, anunciará dous títulos novos.

Até o de agora sabemos que Kojima traballa nun proxecto que denominou Devil Project, pero pouco máis se sabe del, ou mellor dito, nada.

Outras persoas falan que Hideo Kojima baralla outro Metal Gear Solid e incluso unha nova entrega de Zoe of Enders. Canto haberá de certo nisto?

Personalmente penso que cos enormes beneficios que lle supón a saga MGS, xa me extraña que non anunciaran algo sobre a súa quinta entrega, pero tempo o tempo.

En fin, en palabras de PS3Center:

O mestre dos MGS Hideo Kojima ten algúns anuncios ben gordos por facer no E3 de xuño: un é un paso case lóxico nun xogo existente, e o outro… bueno, sorprenderíanos se MGS5 non aparece sobre a mesa nalgún momento. Ou debaixo. Nunha caixa“.

Sacade as vosas propias conclusións.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario