Adeus para sempre a… Guitar Hero

Por: Xoves, 10 de Febreiro de 2011

Pois si queridos lectores, parece que Activision decidíu aplicar unha estratexia tráxica e drástica para grandes dos seus títulos, e así hoxe anunciaron que Guitar Hero foi cancelado definitivamente.

Algo malo tiña que ter a esaxerada e inmensa sobreexplotación desta saga, así, acabaron por cansar e aburrir ao usuario e con moita lóxica, as súas ventas baixaron pronunciadamente.

Para aqueles que aínda estades pensando se isto vai enserio, comentarvos que nin sequera sacarán DLC, nas propias palabras dun dos seus productores.

Lanzaremos o pack de DLC que xa tiñamos anunciado e os mix packs de febreiro, pero non seguiremos sacando novos packs de DLC”

Agora todos aqueles que esperabamos ver un Guitar Hero da altura da terceira parte, quedámonos coas ganas e será mellor que continuemos xogando ao mencionado, porque acabouse,fin,adeus o Guitar Hero.

Ah, por certo, recordades o True Crime que tiñan pensado sacar a finais deste ano?, pois tamén foi cancelado. Quedastes sen cartos Activison?

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Adeus para sempre a… Guitar Hero”

  1. Brandon di:

    É unha pena, coas horas e horas que teño pasado coa miña guitarra tuneada…..

    • Skaltum di:

      Estou contigo.
      Horas e horas, unhas detrás de outras viciándome á terceira parte (sen dúbida a mellor), de feito, agora aínda estou coa última entrega,pero cando me aborreza das súas pezas sempre me quedará The Legends of Rocks.
      Pero sendo honestos, a verdade é que Activision xa se estaba pasando con tantos títulos de Guitar Hero sen ofrecer nada novo aos xogadores.
      E iso sen falar coa cutre batería que sacaron ao mercado……………..

Deixar un comentario