Primeira imaxe de PSP 2

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011

Vouvos dar a elexir, pensades que esta imaxe que vos amoso é real ou trátase dun Fake?.

Personalmente opino que pode ser unha realidade, porque hai que ter en conta que Sony é totalmente incapaz de manter en segredo os seus aparellos, recordemos as filtracións da “funesta” PSP Go ou as fotografías da versión Slim de PS3 semanas antes da súa presentación.

Agora os de VG247 sacan á luz unha filtración da súa próxima PSP 2.

Se a imaxe é real (moi posíbel), non chama demasiado a atención o seu aspecto. Recorda moitísimo á PSP pero máis fea e máis grande. Esperemos que se vexa compensado pola tan aclamada e anunciada potencia gráfica desta portábel.

De verdade moverá gráficos tan potentes como os da PS3?, ata que os vexa cos propios ollos eu non aseguro nada.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Primeira imaxe de PSP 2”

  1. AmilGZ di:

    Se vem com Android, como venhem anunciando ultimamente, vai ser umha revoluçom.

  2. AmilGZ di:

    Pois nom, afinal nom era esse o desenho… Sony anuncia a nova NGP: http://www.codigocero.com/Sony-anuncia-a-sua-nova-consola

Deixar un comentario