“Gens” en galego

Por: Venres, 21 de Xaneiro de 2011


http://www.gens.me

Gens é un emulador da Sega Mega Drive distribuído baixo unha licenza GPL. É dicir, é software libre. Emula tanto xogos propios da Mega Drive como os xogos do MegaCD e da 32X (para estes últimos fan falta os ficheiros das BIOS).

Como é software libre, tomei a liberdade de traducilo ao galego para todos vós. Informarei aos desenvolvedores para ver se é posíbel incluíren a tradución de forma oficial. Mais, entrementres, podedes encontrala aquí. A seguir está a ligazón para baixares o emulador traducido e coas BIOS incluídas. Está todo configurado, só tes que baixalo, facer duplo clique no ficheiro gens.exe e xa vai.

DESCARGAR EMULADOR GENS EN GALEGO
GENS 2.14 executábel para Windows en galego coas BIOS incluídas e configuradas

DESCARGA AVANZADA
Inclúo a descarga do emulador para windows desde a páxina orixinal, a descarga do ficheiro da tradución ao galego e os ficheiros das BIOS por separado. Iso é para usuarios avanzados, polo que se non entendes o que é non te preocupes. Tu só baixa o arquivo de riba e a vivir.

Executábel de Windows (fonte orixinal): gens-win32-bin-2.14.zip
Paquete .deb para Linux (Sourceforge): gens_2.15.5_i386.deb
Ficheiro de tradución á Lingua Galega: language.zip
BIOS do Sega Mega CD: Sega_CD_Bios_Files.zip
BIOS do Sega 32X: Sega_32X_Bios_Files.zip

Para máis descargas visita a sección de descargas da web orixinal e a páxina do proxecto en Sourceforge.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a ““Gens” en galego”

Deixar un comentario