Os fatalities que nunca vos deixaron ver

Por: Domingo, 16 de Xaneiro de 2011

Se hai un concepto que describe aos Mortal Kombat é a palabra Fatality. Estes movementos especiais que permitían rematar unha boa loita fixeron desta saga de loita unha das máis famosas do panorama.

Pero non vos enganedes, como en todos os aspectos da vida hai detalles que sempre nos queren ocultar e aquí amósovos unha serie de Fatalities que nunca vistes.

MarioKartality e Chuck Norrisality son só dalgúns fatalities que podedes ver a continuación, este último, sen dúbida, o peor de todos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Os fatalities que nunca vos deixaron ver”

  1. sr. kamino di:

    pero ke karallo e esto???
    jajajajajaja!
    ains, kanto tempo ten a xente!

Deixar un comentario