O Mestre Darwin

Por: Xoves, 13 de Xaneiro de 2011

Ola! Este é o mundo de Pokémon! Chámome Charles Darwin, mais a xente coñéceme como Profesor Pokémon. Este mundo está habitado por unhas criaturas chamadas Pokémon. Para algúns, os Pokémon son mascotas, porén outros úsanos para combater. Canto a min… estudo os Pokémon como profesión. Fíxenme famoso por expor a Teoría da Evolución.

Orixinal de The Slowpoke Well, vía Chuza!

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

Deixar un comentario