Análise de Vanquish

Por: Venres, 10 de Decembro de 2010


Para min Platinum Games xa é unha compañía consagrada pola calidade de todos os seus títulos, e de aquí as inmensas ganas que tiña de probar Vanquish, a súa última obra.
Vanquish pódese resumir como un shooter frenético en terceira persoa, un título que nos sumerxe nun mundo futurista dedicándonos a disparar a todo o que se mova. O principal aliciente deste argumento tan visto?,pois o traxe especial que leva o noso protagonista. Esta armadura permítenos resistir as balas, movernos a gran velocidade e incluso a relantizar o tempo por breves momentos. Isto fai que o protagonista teña unhas características moi acolledoras para o xogador, xa que está moi ben parapetarse dende un sitio sólido e disparar, pero está mellor arrastrarse a unha gran velocidade entre as balas ao mesmo tempo que disparamos e buscamos unha cubertura mellor. A todo isto hai que mencionar que a sensación de velocidade está moi lograda e se a isto lle engadimos que os inimigos nunca deixan de disparar,estamos ante un título que non deixa nin un só momento de respiro e o impacto visual é acolledor.
Ademais poderemos ter con nós un total de catro armas, que iremos mellorando a medida que atopemos munición (si,cada vez que atopemos munición a calidade da arma mellora) ou ben con melloras específicas que deixan caer algún inimigos. Ao longo da aventura poderemos escoller entre outras armas, aínda que o número non é moi extenso. Non estaría de máis ampliar estas armas, ademais estas armas e poderes xa os temos dende o inicio da aventura polo que non hai unha evolución progresiva do noso protagonista e neste aspecto non hai ningunha sorpresa que pille descoidado ao xogador.
Tampouco se loce demasiado na historia, que non só é pouc

< o orixinal, se non que non está demasiado ben contada, pero a Vanquish este factor súalla completamente, porque igual que pasaba con Bayonetta, Platinum Games só busca a diversión do que está alén da pantalla e a base de comentarios simpáticos do personaxe,inimigos bastante grandes,acción constante e unhas determinadas situacións espectaculares consegue este propósito de sobra. Pero aínda que este feito é indubidábel, tamén teño que deixar claro que esperaba máis de Platinum Games, quizáis teño demasiado sobrevalorado a esta compañía, pero creo que non se debería dedicar única e exclusivamente a repartir tiros polos escenarios, debería engadir máis variedade de situacións, máis escenarios, máis de todo isto que buscamos os xogadores.

O apartado gráfico está a altura do esperado. Impresionantes efectos de luz, inimigos moi detallados, sensación de velocidade perfecta, armadura moi ben recreada e uns escenarios ben recreados. Aínda que os escenarios están cheos de detalles, agradeceríase que houbese máis variedade, que todos acaban sendo bastante similares.
Polo demais, creo que xa está descrito a nova obra de Platinum Games. Carece de multixogador, cousa que non me importa en absoluto xa que son moito máis partidario da campaña que do on-line e non ten moito máis aliciente para rexogalo, o único que queiras volver ter unha experiencia das máis frenéticas que podes atopar pero nunha dificultade maior.
E con isto entro no tema da dificultade, xa que se recordades, esta compañía ten a fama de facer xogos bastante difíciles, pero tampouco é o caso de Vanquish que non teredes demasiado problema en superalo, nin sequera no monstro final.
Pero o verdadeiro lastre do videoxogo é o tema de sempre, a duración, e se un analista dicía que se podía rematar en catro horas, non ía moi descamiñado, xa que personalmente e na dificultade normal, remateino en cinco horas e pouco. Agora sacade vós as propias conclusións, pero este tema da duración é algo que cada vez me queima máis.
Conclusión: xogo frenético, espectacular por momentos e sempre divertido pola súa constante artimaña de disparos. Pero no fondo creo que todos esperabamos máis de Platinum Games, porque o pouco que dura faise repetitivo e non existe ningunha evolución do personaxe o que lle resta emoción. Pero se vos gustan os shooter váivos entreter.

http://www.youtube.com/watch?v=prYMsbY3NNU

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario