E aquí aparece o rumor da semana ou de todo o mes, porque dende a páxina oficial de IGN aparece un usuario anónimo (aparentemente fiábel) que solta a seguinte perla:

“No que respecta a gráficos, a PSP2 é unha “bestia”, acumulando hardware de procesamento suficiente para xerar gráficos comparábeis aos primeiros xogos de PlayStation 3. O procesador, polo que nos dixeron, é algo máis da metade de potente que o de PS3, aínda que a arquitectura específica dos núcleos e a velocidade de reloxo non foi revelada.”

Como vedes,parece que a estratexia que levará Sony coa segunda parte da súa portábel será idéntica á predecesora, é decir, unha potencia moi superior a calquera portábel do mercado. Tamén é certo que nesta xeración a Nintendo DS comeu sen ningunha dúbida á PSP, pero polo menos esperemos que deste xeito non se centren exclusivamente nos casual-gamers.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario