Análise de God of War:Ghost of Sparta

Por: Luns, 8 de Novembro de 2010

Quinto xogo da saga e segundo que chega á portábel de Sony cun resultado moi similar aos anteriores,é decir,espectáculo visual,cultura grega,crueldade e enormísimas doses de diversión,pero comecemos falando paso a paso do que resulta Ghost of Sparta.
O argumento sitúanos entre o primeiro e segundo capítulo, polo que Kratos ,despois de derrotar a Ares segue atormentado polos actos dos Deuses,motivo que lle leva a envaucarse nunha nova aventura épica.
Así,controlaremos a un Kratos tan duro e cruel como sempre que irá dando morte a todos os seres que se lle pasan polo camiño, dende os clásico cíclopes ou medusas e pasando por novas criaturas clásicas. Mención especial para os inimigos finais,algúns verdadeiramente enormes os cales teremos que buscarlle o punto feble para debilítalo e así podelo rematar utilizando os clásicos Quick Time Events (que por certo,cada vez paréceme que os fan máis sinxelos de resolver). A espectaculariedade destos son verdadeiramente épicos,tanto que non teñen nada que envexar aos inimigos dos títulos de sobremesa.

Así,iremos avanzando por grandes escenarios (o primeiro e último cuarto de hora son profundamente intensos) cun control xa característico da saga.Golpe feble,golpe forte e agarre, e con esta simple combinación de botóns poderemos realizar técnicas moi espectaculares. Ademáis iremos recolectando diferentes tipos de orbes que nos servirá para mellorar as nosas cualidades,polo que adquiriremos novos movementos a medida que avnazamos para darle algo máis de diversidade a un desenrolo xa moi trillado e coñecido por todos. Como xa é característico, tamén poderemos utilizar varios poderes que nos poñerán as cousas algo máis sinxelas (aínda máis).
E aquí o primeiro lastre que arrastra Ghost of Sparta. Está claro que a dificultade da saga God of War tampouco é do melloriño,pero nos títulos de sobremesa ofrécenche un reto moito maior pero sen deixarte estancado, mentras que aquí, o avance é contínuo e as pérdidas de vidas nulas. Tan complexo é facer un título cunha dificultade axustada? As veces que perdemos case sempre será por algún salto arrado pola incorrecta posición da cámara nalgunha zona concreta.

Pero que fai que God of War sexa tan tremendamente adictivo?,pois o dinamismo co que se move. Xa dixemos que o control era sobresaínte (aínda que falla nalgúns saltos,como xa mencionei),pero é que sempre acontece algo na pantalla da PSP neste título. E se lle engadimos que a calidade gráfica é dos mellores xogos da consola,o espectador queda atrapado no título. Aínda que para decir a verdade, bótase de menos unha maior variedade nos escenarios de Ghost of Sparta.
Pero non podo deixar este análise sen falar da segunda gran traba que entorpece este God of War,que non é outra que a sempre molesta escasa duración. Si, xa sei que é o de sempre, pero cinco horas e media ( e mellorando case todo ao máximo), creo que non son suficientes para un xogo tremendamente adictivo. Mercas un xogo para pasalo nunha tarde?,sempre podes volver a rexogalo nunha dificultade maior (nunca está de máis), pero xa non te sorprenderás tanto como da primeira vez.
Con isto xa podedes facervos unha idea do que atoparedes neste novo God of War. Un título que sorprende nos seus impresionantes inimigos finais, pero non no seu desenrolo idéntico aos anteriores. Unha diversión só comparábel a títulos da mesma saga, pero cunha duración moi limitada (como case todos os grandes títulos da PSP).
Pero como sempre ocorre nos xogos de Kratos tremendamente adictivo e recomendábel.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario