A piques está de chegar o Project Natal (si,continúome resistindo o nome final que lle asignaron),para a consola de Microsoft, e para que todo saia ben a nosa consola terase que actualizar.
Así, e despois duns cinco minutos teremos a nosa Xbox 360 co último firmware que chega con bastantes novidades.
Como xa dixen, a máis salientábel é que adapta a nosa consola ás capacidades de Kinect (vale,resignome), pero a parte, atopámonos cun deseño máis minimalista que non lle queda nada mal.
Tamén se estilizaron moito máis os nosos avatares para darlle unha forma máis …humana, por catalogalo de algunha maneira.
E para rematar creo que sobra decir que a actualización é totalmente gratuíta polo que deberiades facerlle este lavado de cara á Xbox 360

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario