Microsoft non quere remakes en HD

Por: Martes, 26 de Outubro de 2010

O certo é que a política que está levando a cabo Sony cos seus remake remasterizados non é exactamente a expresión da bondade pola súa parte, pero non hai que negar que agasallaron moitas alegrías aos fans dos grandes videoxogos da antiga Playstation 2, poñendo en HD sagas como as de Team ICO (ICO e Shadow of the Collosuss), Prince of Persia ou God of War.
Isto debe estar saíndo rentábel (creo que non cabe dúbida), porque cada vez se está extendendo máis estas reedicións, pero que opina a grande contraria de Sony?, pois Microsoft deixou moi claro que non está disposto a seguir a estela de Sony e as excusas:

Temos un montón de proxectos en marcha, así que a idea de remodelar títulos difícilmente encaixe no noso actual portafolio. Se con iso se aportase un valor real ao usuario habería algunha posibilidad, pero non o consideramos seriamente.

Tamén dixeron que estas remodelacións non ofrecen nada novo ao usuario a un coste bastante alto.
Así que aínda que hai xogos na Xbox que estarían suculentos nunha reedición,esquecédevos deso, e centrádevos nas sagas que poden chegar importadas da PS2.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario