Pokémon Apokélypse

Por: Venres, 24 de Setembro de 2010

Este tráiler é un proxecto de KI-VOLTAGE PRODUCTIONS. O filme acaba aquí, non hai versión completa nin se vai facer, é só un tráiler. Máis información en: http://shogungamer.com/news/live-action-pokemon-movie-full-hd-trailer-and-interview-its-creators

SINOPSE:

A Cidade Azulona non volveu ser a mesma desde que os Ximnasios fecharan. Os combates Pokémon tornáronse marxinais e o deporte adquiriu o sabor do sangue. Ash, Misty e Brock víronse forzados a adentrarse no submundo da cidade para continuar a adestrar, mais os Pokémon non son os únicos en perigo. Agora, Ash debe escoller entre ser un mestre no sombrío mundo dos combates Pokémon ilegais ou facer unha tentar desesperadamente ceibalos todos das poutas de Industrias Rocket.

Sobre o autor:

@AmilGZ | Ver as entradas publicadas por AmilGZ »

«Cando tiña 8 anos regaláronme a miña primeira consola, unha Mega Drive noviña do trinque. No momento en que a conectei á televisión e vin un ourizo azul a rodar pola pantalla, notei un bolboretear no meu estómago. Resultaron ser gases, mais aínda así gostei bastante dos videoxogos en xeral e de Sonic the Hedgehog en particular. Comezou así unha bonita historia chea de amor, sangue e bolachas de dinosauro que se estende até a actualidade.»

1 Comentario a “Pokémon Apokélypse”

  1. […] pola Internet moitos fakes de filmes baseados en videoxogos, como o xa comentado Pokémon Apokélypse ou a brincadeira de Zelda do 1 de abril. Por desgraza, este non é o […]

Deixar un comentario