Queredes trucos?, pois Trucoteca

Por: Martes, 21 de Setembro de 2010

trucoteca

Sei que moitos de vós andades con truquiños para empregar en videoxogos, e aínda que é algo que non estou nada de acordo ( os xogos son para desfrutalos de forma natural, sen axudas ), a realidade é que estos trucos son moi utilizados.

Pois para todos eles, podedes entrar en Trucoteca, unha páxina na que se especialiazaron xustamente nesta temática.

Aquí podedes realizar case calquera opción con este cometido, incluso descargalos directamente para unha maior comodidade ou resolver as vosas propias dúbidas cunha gran selección de guías de videoxogos.

Agora incluso crearon unha rede social na que agasallan videoxogos todos os meses.

Xa vedes,se estades buscando guías ( as cales son moi útiles para pasar ao 100% os videoxogos), ou saber os logros dun determinado título, trucos,parches ata os análises máis recentes, pasade por esta páxina.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Queredes trucos?, pois Trucoteca”

  1. AmilGZ di:

    Homem, os trucos som maus… depende. Há trucos que simplesmente fam cousas graciosas que doutro jeito nom poderias fazer (p. ex, o modo Sonic e Tails juntos no Sonic Advance, que só funciona fazendo um "truco").

  2. skaltum di:

    Home,mirando dese xeito si, tamén hai algúns nos GTA bastante simpáticos, pero refírome aos trucos que emprega a xente para pasar dunha fase o similares, ou o que máis me rebenta a mín, cando se traban un mínimo nalgún problema, ala, non miramos nin temos paciencia para insistir, só buscamos o truco axeitado que nos permita avanzar sen máis e listo.
    Estos si que non me gustan…

Deixar un comentario