Sony prepara o terreo para PSP 2

Por: Luns, 20 de Setembro de 2010

PSP rota

Que Sony xa está traballando nunha segunda parte de PSP (ou como lle chamen finalmente), creo que é algo que se pode asegurar, non tanto como para decir que xa a teñen rematada como decía Shaum Himmerick, desenrolador de Mortal Kombat, pero o último personaxe en facer referenza a este tema foi Shuhei Yoshida, cabecilla de Sony Worldwide Studios, o cal mencionou que a PSP estábase volvendo vella.

Segundo as súas palabras, cando sacaron ao mercado a PSP fai cerca de seis anos, esta portábel era a última tecnoloxía, pero os tempos cambian rápido e agora estase quedando anticuada.

Así, creo que a posición de Sony ao respecto é ir deixándolle a silla quentiña para a chegada de PSP 2, polo que case estou por asegurar que de aquí a un ano escaso, teremos presentado novas consolas, polo que o E3, GamesCom e TGS do ano que vén promete algunha máis sorpresa que este ano.

E qué se pode esperar da nova PSP?, pois vendo a posición que leva Nintendo coas 3D, non me extrañaría que Sony seguise estos pasos para aproveitar o tirón.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Sony prepara o terreo para PSP 2”

  1. roke di:

    ousexa, que a psp go non resultou?

  2. skaltum di:

    A PSP Go xa fai ben tempo que resultou un fracaso impresionante, e a verdade, non me impresiona en absoluto,tanto polas carencias que ten, como polo seu totalmente abusivo prezo.
    Quizáis foi este a última motivación para crear a PSP 2 , quén sabe.
    Esperemos que con este segundo proxecto de PSP fagan as cousas ben e non como a Go, teñamos esperanzas.

Deixar un comentario