Análise de Toy Story 3 ( PSP )

Por: Martes, 3 de Agosto de 2010

toy story 3

Normalmente todos estos xogos que sacan para aproveitar ao máximo os beneficios dalgunha franquicia nin se me ocorre probalos, pero desta vez fixen un inciso nesta normativa para probar este título.

E a decir verdade o análise final é bastante curioso, porque dentro das súas indubidábeis limitacións, resulta un xogo pasábel.

Toy Story 3 ( a versión da PSP ), é un título que nos fai vivir gran parte da aventura acontecida no filme nas nosas peles, tendo que controlar a todos os personaxes xa ben recoñecidos por todos para sortear todas as trampas. O resultado é un título en terceira persoa, na que predomina o xénero das plataformas, pero debido que está adicado aos máis pequenos, a súa facilidade é extrema. Tanto, que incluso che remarcan o camiño cunhas estrelas, que deberás ir adquirindo, e así, sabendo segundo tras segundo por onde tes que ir.

Pero non só é extremadamente sinxelo, se non que a duración é case inexistente, podendo pasar o xogo nunhas tres horas sen mopito problema.

toy story 3 2

Un detalle que hai que ter en conta é que en todas as fases sempre hai misións secundarias que debemos ir facendo antes de chegar ao final da pantalla, que como sempre , son  detalles sinxelos, como atopar cinco obxectos concretos, espantar tres pombas, etc, etc, sendo un aliciente máis, nun título que poderán desfrutar os pequenos.

Para máis, de vez en cando teremos que superar uns minixogos moi simples ( para non variar ), que ofrecen algo de variedade a un título bastante limitado.

Pero non me entendades mal, as tres horas que vos pode durar o título pasan rápido, xa que o feito de que controlemos a diferentes personaxes é un factor que axuda a escapar do aburrimento, e os escenarios ofrecen suficientes posibilidades como para non aburrir ao xogador.

Gráficamente acontece o de sempre, déixase ver bastante ben pero ten erros gráficos, e tampouco é que os escenarios estean cheos de cousas, máis ben existe un camiño remarcado que non poderás abandonar, pero cumpre para os xogadores a quen vai dirixido.

Así que xa sabedes, é un título que “entretén bastante” para ser un destos proxectos sen vida que sacan para gañar máis cartos, e que mentras dure non vos aburriredes demasiado ( porque a propia limitación da duración non che da tempo ).

Se tedes un rapaz pequeno, é unha boa opción, xa que poderedes repetir calquera escenario para mellorar a puntuación e recolectar todos os obxectos, aínda que tampouco esperades un pedazo de título ( supoño que xa ninguén pensará isto ).

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario