Análise de Splinter Cell: Conviction

Por: Domingo, 25 de Abril de 2010

splinter-cell-conviction  1 Despois de varios atrasos desta última entrega de Splinter Cell, chéganos a nova aventura de Sam Fisher na que intentaron implementar unha serie de innovacións, as cales no  sei se son virtudes ou defectos, pero para tentar resolver estas cuestións, a continuación paso a comentar estos cambios.

Os que xa sodes coñecedores de Splinter Cell saberedes a situación emocional do noso protagonista pola morte da súa filla, pois ben, o argumento de Conviction segue dándolle voltas a este tema para descubrir quén foi o verdadeiro autor da morte de Sarah, pero o que debemos resaltar non é o propio argumento ( o cal nos sorprende en varias ocasións ), se non a forma coa que se nos presenta. Porque a historia é relevada a través de flashbacks e momentos que aínda non aconteceron, aumentando considerábelmente a tensión do xogador.

Splinter-Cell-Conviction-

Primeiro cambio con referencia aos anteriores?, pois que xa non estamos ás ordes de ningunha organización, e somos nós, coa axuda dalgún protagonista secundario, os que plantexamos a nosa estratexia, pero qué consecuencias ten isto?, pois que xa non teremos á nosa disposicións os dispositivos tecnolóxicos que se nos ofrecían en títulos anteriores. Así, só estaremos equipados coa nosa pistola e algunha que outra arma, e aínda que preto do final se nos agasalla unha especie de sonar ( que nos permite detectar aos inimigos ), pasaremos case toda a aventura cos recursos limitados que nos dan.

Segundo gran cambio relevante?, pois a forma de acabar cos nosos inimigos. Porque agora se facemos unha execución corpo a corpo ofrecerásenos a posibilidade de matar a varios inimigos á vez, simplemente con seleccionalos, e aínda que é un detalle bastante espectacular, réstalle espíritu Splinter Celliano, xa que poderemos resolver case calquera situación á base de tiros, algo que non acontecíanos anteriores xogos. E xustamente isto foi o que predecía a medida que ían sacando á luz tráilers sobre o xogo, e non estaba errado. Este tema lévanos ao…

splinter-cell-conviction

Terceiro cambio, xa que aínda que a infiltración segue patente no videoxogo, disminuíuse considerábelmente. Así, detalles como encender a alarma dos coches para chamar á atención dos inimigos e flanquealos dalle algo de vida, pero perdeuse a infiltración pura que tiñan os anteriores xogos. Onde quedaron todas esas maneiras que tiñas de chamar á atención dos gardas como asubiar, lanzarlle unha botella ou lata…?, onde quedaron as fases nas que te tiñas que infiltrar nunha determinada zona sen matar a ninguén?, onden están esas fases nas que tiñas que memorizar as rutas dos inimigos para levar a cabo a nosa intervención?, onde está todo isto?. Neste título pasaremos a inmensa maioría de tempo disparando a todo inimigo que apareza, e foi o apartado que máis me defraudou, xa que como amante da infiltración, non se pode permitir que Splinter Cell abandone este factor.

Cuarto cambio: a violencia que ten Conviction con referencia aos anteriores títulos da saga, así que contade cun Sam Fisher sen escrúpulos que fará todo o que faga falta para descubrir á verdade. Mención especial aos interrogatorios que levamos á cabo ao longo da historia, espectaculares.

splinter-cell-conviction-xbox

Deixando a un lado os cambios, e referíndonos a temas xerais como o apartado técnico, teño que mencionar que está a un nivel moi alto, aínda que todos os escenarios se parecen bastante entre sí, pero tampouco me preocupa demasiado , xa que está compensado co seu nivel de detalle. A dobraxe volve a ser notábel, pero entramos noutro punto fraco de Splinter Cell, a duración. Conviction é un xogo extremadamente curto, e non só iso, xa que é o título máis doado de todos os Splinter Cell que saíron ao mercado. Non vos atrancaredes en ningunha fase, nin sufriredes absolutamente nada para pasalo. Intentan compensar este punto cun multixogador a pantalla partida, que non é outra cousa cun pequeno prólogo que pasaredes rápido e sen problemas.

Así, e para rematar decirvos que esquezades aquelas imaxes que sacaron fai un ano na que se vía a Sam Fisher lanzando cadeiras aos inimigos e interactuando con elementos similares xa que nada de iso é certo, como moito dispararedes a bombonas ou elemntos xa establecidos para facilitarnos aínda máis as cousas. Con todo, non deixa de ser un xogo moi divertido, pero os amantes da verdadeira infiltración botaredes de menos ao Fisher dos primeiros títulos, e tamén botaredes de menos a súa dificultade…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario