Os 5 xogos máis sobrevalorados

Por: Xoves, 8 de Abril de 2010

Xa fai un tempo comentei unha serie de títulos que me parecía incríbel, que coa súa calidade pasasen tan desaparecibidos , pero é que o número de ventas dos xogos son todo un misterio hoxe en día, e un exemplo claro é o que pasou no Reino Unido. Cómo é posíbel que o Just Cause 2 ( pronto falarei del ), aplastase en ventas ao todopoderoso God of War 3?, alguén me pode explicar isto?.

Por suposto, na maioría das veces o único que conta é ter un bo nome, o que conleva un gran número de fans, e o que conleva un gran número de ventas, dando paso a gran cantidade de beneficio, e a continuación vou comentar algún dos xogos que me parece que se lle deu unha importancia non merecida, ou polo menos “ relativamente merecida”.

E o primeiro título que vou mencionar, por moita obra de arte que o consideren por aí, e por moitos golpes que reciba, non é outro que o Metal Gear Solid 4.

MGS4 

É un xogo que realmente mereza as loubanzas que recibíu?, é tan divertido que nos dín ?, e a pregunta máis importante, pódese comparar ao resto de Metal Gear Solid?, pois para mín non. Despois das altas doses de Hype que recibíu esta última obra de Kojima, fáiseme un xogo de masiado frío, cun desenrolo desigual, con zonas divertidas e outras totalmente infumables, e camuflado nunha historia que non me acaba de gustar en absoluto, nin por moita pena nos queiran facer sentir pola vellez de Snake. O do traxe de camuflaxe pode que chame algo a atención, pero resta emoción á infiltración, e moita. Pódese comparar coa sublime terceira parte, na que tiñas que escoller o traxe apropiado, sobrevivir no medio da selva, unha historia realmente fascinante…pois claro que non. Esta cuarta parte, e sen ningún típo de dúbida é o peor xogo de toda a saga. E despois a xente queixábase de controlar a Raiden na segunda entrega… se MGS2: Sons of Liberty dalle mil voltas a esta última entrega. E sen ter en conta o que tes que esperar a que che instale o xogo na Playstation 3, pero claro, como ten o nome que leva, perdóaselle todo. Pero simplemente é un xogo máis, recomendábel por certos aspectos, pero que se pode deixar pasar sen ningún tipo de problema.

O seguinte título que vou comentar xa ten pasado por esta páxina, pero non está de máis reiterar a miña absoluta decepción ante este videoxogo, e máis agora que sacaron a segunda entrega. Refírome a Left 4 Dead, na que podedes ter a miña opinión completa aquí

left-4-dead

Xa vos digo que non probei a segunda parte, pero coa ostia que levei con este título, non me quedou ningunha gana de volver a probar algo así. É que sigo sen comprender porque entretén tanto este videoxogo, se hoxe en día hai onlines moito mellores que este ( Modern Warfare 2 sobre todo). E xa non me quero referir ao modo historia, porque entón si que me enfado, se a maioría dos xogos da Play 2 son mellores que este. Hai cousas que nunca entenderei. Gráficos penosos, argumento cero, desenrolo…como decilo,nulo?,carente?, non sei como definir un desenvolvemente no que se basea de chegar dun punto a outro, gardar e cargar munición , e ir doutro punto A ao punto B. E que en moitos sitios lle puxeran tanta nota como Mass Effect e xogazos similares. Que o puntúen cun 8 sobre 10. Non sei que está pasando, pero non entendo a xente.

Continuamos co ránking de xogos máis sobrevalorados cun indispensábel, xa que tocamos este tema, o Assassin´s Creed, e refírome á primeira parte, pero tamén incluiría a súa secuela, porque os cambios que lle aplicaron non foron suficientes. Podedes mirar a análise de Assassin´s Creed 2.

Assassins-Creed

A decir verdade, este xogo xa recibíu críticas moi duras, pero aínda así, tivo un éxito que non o merecía en absoluto. Qué nos ofrecía este título?, pois un desenrolo monótono, reiterativo e idéntico ao longo de toda a aventura, un popping de tres pares e un ritmo lento e pausado, que me fixo suar para pasar este título, e non pola dificultade ( que tamén é escasa ), se non polo aburrido que se fai xogar. E vós pensaredes, entón porque o pasaches?, pois quizáis porque tiña unhas expectativas demasiado altas postos no título, e tiña a esperanza de que o xogo ía revivir en calquera momento, pero non foi así. O peor , é que nos vídeos amosaban forma guapísimas na que matar aos inimigos finais, pero realmente no xogo iso era case imposíbel, xa que o control tiña erros enormes ( o mesmo pasa na segunda entrega ), e ao final, despois de intentar matalos de formas que molaran, e fallar por culpa dun salto que o daba para atrás, ou que se quedara agarrado nun saínte que non vías para nada, pois rematabas ata as narices e matábalo ao tolo.Outra gran decepción.

No penúltimo lugar, teño que falar de Fable 2

fable 2

Un xogo co que me enganaron desde o primeiro momento, xa que me venderon o título como un xogo de rol con tintes de acción, e verdadeiramente é todo o contrario, é un xogo de acción con toques de rol. Partindo de aquí, o videoxogo coxea por varios sitios. O primeiro de todo é o apartado gráfico, que sigo sen entender a que lle chaman “impresionante apartado gráfico” algúns analistas por aí,porque , ou eu vexo moi mal, ou gráficamente non é nada doutra mundo. Pero deixando isto a un lado, que todos sabemos que o apartado gráfico non o é todo, ofrécenos un desenrolo bastante bo, e con misións decentes, pero para mín… fáltalle algo de alma, algo máis de emoción , tanto nos combates como nalgunhas misións, que deixan un conxunto irregular. A verdade é que non xoguei a súa primeira entrega, e flipei coas críticas que levou, e volvín flipar coas críticas que levou este título, por iso decidín probalo, pero aínda que non é un xogo malo, eu esperábame máis de Fable 2.

E para rematar co Top 5 de xogos máis sobrevalorados no panorama actual, vou tocar un ben coñecido, o Halo 3

halo_3

Primeiro aclarar, que ten un online bo e todo iso, pero é que xa dixen nalgunha ocasión que non son moi fan dos online, e que a maioría que probei defraudáronme completamente. A paso a falar da volta do Xefe Maestro, o xogo máis hypeado e vendido da Xbox 360, e realmente ten merecido as notas que levou?, eu creo que non, porque se sacan este xogo con outro nome non vende nen a metade da metade que vendeu, iso seguro.O xogo é entretido en sí, pero quedei abraiado cando recibíu un 98 ( creo recordar) sobre 100 na Hobby Consolas, pero estamos todos tolos ou que pasa?. Home, xa sabemos que desta revista pouco se pode fiar un, pero isto xa me pareceu unha esaxeración inmensa. Por enriba do Gears of War, do Call of Duty 4…non o entendo. Ademáis gráficamente é xustiño, que aínda que fai tres anos da súa saída, a 360 xa demostrara a súa potencia co Gears of War e incluso co Lost Planet, que foi un dos primeiros xogos que nos deixou a todos absortos. En fín, o título é xogábel pero está moi por debaixo dos xogos xa mencionados CoD4, GoW, ou Bad Company.

Está claro que hai gustos para todos, pero se somos un pouco obxectivos, penso que nos dariamos conta que moitas veces simplemente vende o nome do xogo, e non a calidade deste, e creo que non debemos permitir que as empresas se aprobeiten deste factor. O último gran exemplo é o Final Fantasy XIII, que sen pensalo máis levou unhas notas moi altas, pero sen embargo existe unha minoría moi descontento con el, que di que non é un Final de toda a vida, que ten un linealidade impresionante, etc,etc, e se de verdade ten tantos fallos, por qué non foron criticados en todas as páxinas e revistas?, pois polo nome que ten, por suposto. Por certo, aínda non vou falar deste xogo porque aínda non o rematei, pero pronto teredes o análise aquí, con todo o que me pareceu.

Volvendo o tema e concluíndo, penso que non se utiliza o criterio como se debería e deixámonos levar polo que nos dín unhas revistas, na que en moitos casos tales puntuacións están compradas, dándonos unha imaxe irreal do propio xogo,e que sorprendentemente acabamos interiorizando e aceptando esas notas.

Eu teño ben claro, só me fío dos meus ollos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Os 5 xogos máis sobrevalorados”

  1. Leo di:

    Dos que comentas so tiven a oportunidade de xogar a Assasins Creed, Left 4 Dead. Halo so xoguei a primeira parte.

    Decir que Assasins Cred nunha primeira impresión e un xogo visualmente moi atractivo, e as primeiras horas de xogo mola moito… pero pouco a pouco, o que comentas, faise repetitivo e deixalo de lado. Decir que intentei xogalo en duas ocasións, pero non fun quen de rematalo.

    Sobre Left 4 Dead, endexamais entenderei o porque do exito deste xogo. Pareceme repetitivo a saco. Cando saiu para PC enseguida me puxen a xogalo, pois a fama que lle precedía das consolas facíao moi rechamante. Pero os 5 minutos empeceime a cagar en todo, pois pareceime a cousa mais estupida de xogo. É unha especie de Gauntlet moderno (ese si que era un xogo)… pero mal feito.

    Pra matar Zombies prefiro calquer Resident Evil, o Dead Space (XOGAZO con maiusculas) ou incluso o aborto de conversión a Wii de Dead Rising.

    Sobre Halo 3 non falo, pois nunca xoguei, pero a primeira parte que xogara pareciame unha cagada, cunha historia aburrida e uns "marcianos" con aspecto infantil. Pareceme moito mais xogazo o Gears Of War

  2. skaltum di:

    Cando fixen o análise de Left 4 Dead supúxome unha serie de críticas da xente do meu arredor que non comprendía.
    Mira que me gustan os xogos de matar zombies, pero un título no que simplemente haxa que avanzar ata un determinado punto en línea recta, recargar e volver a avanzar ata outro punto non me provoca ningún interés.É máis, eu tampouco entendo este éxito que tivo.
    Ah, e os Gears of War comen a calquera destos videoxogos que menciono tanto por apartado técnico como por diversión, que é o que realmente importa.

Deixar un comentario