O invento da xeración: os logros

Por: Venres, 9 de Outubro de 2009

Randy_Pitchford

Si, comezaron sendo un método curioso de explotar aos nosos títulos ao máximo, tentándonos con misións imposíbeis, accións “chorras”, búsqueda dunha cantidade indixente de obxectos ( venme á memoria as duascentas bandeiras que había que conseguir nos Assassin´s Creed ), e outras tantas tácticas que temos que levar a cabo para conseguir estes logros.

Pois ben, Randy Pitchorf mencionou nunha entrevista , que estos logros poden actuar directamente na venta dos videoxogos de forma favorábel, xa que segundo parece , moitos dos consumidores pasionais de videoxogos , compran estes títulos pola cantidade de logros por minuto:

O cazador de logros, compra os seus xogos tendo en conta o radio de logro por minuto. Probábelmente compran dez ou vinte títulos ao ano ou polo menos xóganos. Xogan moito . É un cliente frecuente e ti qieres estar na lista. Isto son só negocios.

Persoalmente , paréceme que os logros son unha forma moi correcta de incitar aos xogadores a explotar os seus títulos, xa que iso de mercar un xogo, pasarlle a historia e deixalo abandonado, non é nada axeitado. Pero como non existe o positivo sen negativo, tamén debo mencionar que os logros deberían estar un pouquiño máis compensados e equilibrados. E como xa mencionei anteriormente, a quén lle incita buscar duascentas bandeiras no AC?, isto é unha esaxeración. Sería moito máis acertado que nos mandasen buscar cincuenta e moito máis escondidas.

Como este exemplo existen milleiros de logros que pola súa excesiva dificultade ou monotonía o xogador déixaos pasar porque non chaman tanto a atención , e vexo normal, moi normal. Os logros deberían ter unha lóxica, e un nivel axustado, nin excesivamente sinxelos ( como estos logros de fin de capítulo, que non os vexo correctos xa que non é un logro que busques persoalmente, é un punto do xogo que pasarás obrigatoriamente ), nin absolutamente imposíbeis e absurdos ( se xogades habitualmente supoño que teredes algún en mente ).

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario