Detectores de movemento

Por: Luns, 3 de Agosto de 2009

Estamos inmersos nunha xeración na cal as tres grandes compañías intentan sobrepoñer os sensores de movemento ao pad tradicional, está xustificado este afán por sustituír ao mando clásico?.Moito me temo que non, pero botémoslle unha ollada ao panorama.

Fai uns anos saíu na recordada PS2 unha cámara que se promocionou mencionando a posibilidade de captar o movemento das persoas na propia pantalla. Eye Toy foi o nome de este instrumento. A cámara colocábase en fronte da televisión e plasmaba a túa propia imaxe dentro do xogo ao mesmo tempo que che detectaba o movementos que facías. Esta utilización sirvíu para enganarnos con algún que outro minixogo (todos eles bastante infantís, por certo ), pero en realidade o problema non eran estas miniprobas, en realidade o que verdadeiramente fallaba era a propia cámara.

O que nun principio chamou bastante a atención aos medios, convertíuse nun proxecto ensaístico que deixaba bastante que desexar en todos os seus apartados. O enfoque da cámara non era preciso, a luz ambiental tiña que estar ben axustada e o peor de todo, a plasmación dos nosos movementos deixaban moito que desexar ( a verdade, deixaba todo que desexar).Os movementos máis rápidos xa non chos detectaba, algo verdadeiramente intolerable tendo en conta que a maioría dos minixogos baseábanse na propia velocidade do xogador, e a reacción dos obxectos ante os nosos golpes eran completamente imprecisos.

Aínda que dita cámara contaba con todos estes lastres,a inmensa publicidade que lle otorgaron a esta cámara foi suficiente para que as compañías se animasen a crear varios títulos para o Eye Toy.E os xogadores coma sempre, obedecendo…

Anos despois, e coa terceira  xeración de consolas presente no panorama dos videoxogos, Nintendo, coa súa Wii (aínda que nun principio se ía chamar Revolution), ponse na boca de toda a prensa grazas ao seo mando. Un mando máis similar a un mando de televisión que ao pad tradicional pero coa novidade da posibilidade de detección de movemento. Este feito, loubado por uns e insultado por outros, fai que as palabras “detección de movemento” se poñan á orde do día.

E a día de hoxe aínda seguimos dándolle voltas ao asunto.

A mención persoal, penso que Nintendo sabía moi ben da ignorancia dos “casual-gamers”, e aproveitou esta xeración para atacar a estes con todas as súas forzas, e polo que se vé , saíulle aínda mellor do que esperaba, xa que non só gañou a confianza dos “casual” se non que moitos “harcode-gamers” de Nintendo perdoaron este feito ( eu non me atopo onda estes). Así, co seu mando, que para valer 70 eurazos a súa imprecisión é bastante acentuada,adéntranse no mundo dos sensores de movemento.

Ao ver o incríbel beneficio que Nintendo saca co seu proxecto, as dúas grandes compañías competidoras non se queren quedar atrás, e para o meu pesar, deciden adentrarse neste falso mundo dos detectores de movemento.

Microsoft, co seu Project Natal 

Sony, cun mando similar ao de Wii e que funciona conxuntamente co Playstation Eye

E Wii, cando vé que os demais competidores se acercan perigosamente ao seu mundo de “casuals” e diñeiro fácil,opta por mellorar a precisión do seu mando co WiiMotion Plus

E aquí é onde entramos no verdadeiro problema, no intento das compañías por substituír o mando clásico, por uns míseros detectores enganosos.

O primeiro que temos que observar é a tecnoloxía que temos hoxe en día, e polo que parece a nosa aínda non é suficiente para desenrolar un bo sensor de movemento, e refírome a bo, a que a cámara, mando,sensores ou o que utilicen para a nosa proxección no videoxogo sexa infalíbel, é dicir, recoñezan con toda a fidelidade os movementos, se moves un centímetro un dedo, que así sexa na pantalla, se moves os brazos a gran velocidade non exista ningún tipo de relantización, e isto aínda non se vai conseguir, e mentres non sexa así, o único que podemos aspirar con estas camariñas é a gastar cartos e a cabrearte de forma constante pola futura frustracións ao ver o engano ao que nos someteron…de novo.

E aínda que nun hipotético futuro conseguisen chegar ao punto da perfecta detección de movementos, surxiría outra dúbida, é mellor o pad clásico ou esta é a época dos sensores?.A miña resposta é ben clara, ao mando tradicional será moi difícil de desvancar, xa que a cantidade de opcións que che permite é absolutamente abrumadora ( creo que xa quedou claro con todos os anos que levamos co pad), e non só iso, alguén pode superar a comodidade que che ofrece o mando?, pois por suposto que non.

Agora atopámonos nunha transición entre os detectores de movemento e os pads clásicos, e entre estes dous atopamos unha gran influenza que pode variar a balanza, esta influenza ten o nome de “hype”. Como tal , encargarase de comerlle a cabeza a todos os pseudo-xogadores (esta palabra debería aparecer nos diccionarios) e así conseguir o seu propósito.

Eu só espero que esta moda de sensores acabe, e que a sensatez supere a idiotez humana,pero visto o visto…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Detectores de movemento”

  1. Mixigodo di:

    Non estou totalmente de acordo coa túa reflexión. Entendo que o mando tradicional é difícil superar, pois non só por comodidade, se non por tradición xa nos deixou marcados. Por outra parte, supoño que nun futuro si pode chegar a haber mandos tan cómodos coma os tradicionais, por que non? Agora, tamén é certo o que ti dis, o dos sensores é unha moda da que só pretenden sacar cartos e que atraer ao mercado dos videoxogos aos xogadores clásicos, pero o caso é que o están conseguindo, queiramos ou non. E aos que sempre fomos gamers fódennos cousas coma que saquen xogos de menor calidade e a altos prezos, e que ás veces os detectores non detecten ben e nos escarallen a partida. Eu tamén espero que os casuals se cansen dos xogos (non todos, obviamente) e as compañías deixen de facer trapalladas para eles e se poñan as pilas máis na calidade que na experiencia nova (que as primeiras veces está ben, pero logo faiche desexar volver ao mesmo de sempre).

    Unha aperta!

  2. skaltum di:

    Conforme á tecnoloxía, non poño en dúbida que non se chegue a un límite na que os sensores serán absolutamente infalíbeis, pero mentres o único que estamos facendo é actuando como cobaias no seu ensaio tecnolóxico.
    Como ex-usuario de Eye Toy quedei pouco menos que cabreado.
    E como ex-usuario de Wii quedei bastante máis que frustrado.
    Sempre estiven con Nintendo, desde pequeniño, e agora o único que fan é estafarnos cun mando, que por moito que digan os seguidores fanáticos de Nintendo, non funciona como debería( anos despois sacan un periférico para aumentar a sensibilidade, por qué sera?, que por certo, aínda non probei o WiiMotion, pero moito me temo…), ademáis do mando crean xogos absolutamente ridículos en moitos casos. Véxanse títulos como Hanna Montana (ou como se escriba), Imagina Ser… e centos de títulos creados especificamente para cabezas ocas e inobxectivas.
    E levan así anos, así que as túas esperanza de que os casuals se cansen deste tipo de insultos camuflados en viedoxogos quedan truncadas, polo menos a curto-medio prazo.
    E aínda así, cando tiña a Wii quedaba ata as narices do seu mando, en principio xa non me daba sensación de seriedade, non parecía que me ía poñer a xogar a consola, e despois están os múltiples erros de detección.
    Só hay algo que apoia esta atrocidade, e como xa dixen é o "hype" que se lle otorga a estos proxectos creados unicamente para sacarnos o diñeiro. Gastan millóns de dólares en publicidade, publi-reportaxes , etc e os xogadores ebedecen cegamente.
    Eu agora vou coller o meu mando de toda a vida e pasarei unhas horas xogando sen a necesidade de absurdos detectores de movemento.

Deixar un comentario