Data de saída de Tekken 6

Por: Martes, 23 de Xuño de 2009

Xa notaredes que despois do remuiño de títulos producido polo E3, a cantidade de novas sobre diferentes xogos diminuíu moitísimo. Aínda así, de vez en cando chéganos información bastante interesante, desta volta, tócalle a unha das máis populares sagas de loitas ( con permiso de Soul Calibur ), refírome a Tekken 6.

Este xogo, tan esperado por miles de seguidores, poñerase á venta no país ianqui o 27 de outubro segundo aclarou Namco –Bandai. Por estes lares, aínda non se sabe con certeza pero presúmese que sairá tres días despois, é dicir o 30 de outubro, esperemos ás palabras de Atari, distribuidora neste continente.

Ademáis, e para satisfación dos máis fans, aparecerá unha edición especial, que contará cun stick analóxico inalámbrico ( perfecto para recordar as etapas de recreativas ), unha copia do título e un libro de arte do xogo. Todo isto estará dispoñíbel tanto para Xbox 360, como para Playstation 3, para que non haxa absurdas pelexas.

tekken 6

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario