Parece que Nintendo, no seu afán de destruírse, busca solucións rápidas para perder a pouca reputación que lle queda nesta actual xeración, porque se non , que alguén me explique a nova patente da compañía. O proxecto chámase Demo Play , verémolo por primeira vez no New Super Mario Bros de Wii, e basicamente tratarase de pausar o xogo e mirar como a propia máquina xoga por nós.

“En New Super Mario Bros para Wii, se o xogador experimenta dificultades nunha zona, isto  permitiralle superar o nivel e volver a tomar o control cando estén listos… Pensamos introducir esta tecnoloxía en máis futuros lanzamentos”

Primeiro Nintendo quixo deixar a un lado aos xogadores expertos ( e os que fixeron de Nintendo unha das mellores compañías de videoxogos, nos seus inicios, claro), e tentaron atraer a mulleres embarazadas, señores que non saben nin que é un pad, rapaces que non diferenzan entre un xogo bo e unha bazofia… pero Nintendo non estivo a gusto, e parece que con Demo Play quere chamar a atención de persoas centenarias, fetos e persoas que teñen metos motricidade dactilar que Bush escribindo un texto.

Ademáis tendo en conta que a dificultade dos Marios xa é bastante limitada, non me explico qué persoas quedarán atascado nel, e se pretenden seguir con isto en próximos título, onde queda o placer de repetir a fase as veces que faga falta ata atopar a solución?

Ademáis para mirar como xoga a máquina por mín, para iso vexo un filme , que non vexo eu a diversión en ver como Mario se move el só, ata pasar de nivel.

En fín, outro paso que dá Nintendo cara atrás para ir completando a súa degradación.

wii jaja

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

4 Comentarios a “Xa non xogaremos nos futuros videoxogos de Nintendo, só teremos que mirar”

  1. Roberto, Teodrak di:

    Es opcional.

  2. skaltum di:

    Para miña opinión, non deixa de ser unha opción ridícula, que aínda non me colle moi ben na cabeza, os plans que pretende con isto.
    Eu un videoxogo quero para xogar ( creo que é bastante normal), e non para mirar.
    Ultimamente a dificultade de todos os xogos reducíuse de maneira abrumadora, e se aínda por enriba, con isto eliminan na Wii a escasa dificultade que pode ter un xogo, non sei que nos queda.

  3. Roberto, Teodrak di:

    Hay juegos actuales en los que es técnicamente imposible perder en los modos de juego más fáciles (por ejemplo, Mass Effect). Nintendo está vendiendo para "el público nuevo" y esta herramienta puede ayudar mucho al que no es tan diestro en los videojuegos.

    Es una opción, nadie te obliga a usarlo, al igual que nadie te obliga a usar el modo fácil en los videojuegos, ni tampoco el difícil (aunque como tú dices, casi va haciendo falta, porque la dificultad normal de los juegos actuales pasa a ser un "película interactiva").

  4. skaltum di:

    Se che son honesto, penso que non lle axudarán nada ao xogador nobel con este proxecto, xa que, onde está axuda se non se lle permite manexar ao protagonista?, para iso xa está a dificultade fácil, que como ben dis, é case imposíbel perder.
    Con isto, o xogo desaparece e pasa a ser un simple película de animación, que para iso vou ao cine.

Deixar un comentario