proxecto natal

Fai uns anos, Sony presentaba o que describía como o futuro dos videoxogos, é dicir, a súa cámara Eye Toy. Unha cámara coa a que non precisabas ningún pad, podendo mover o xogo co teu corpo. Ao final resultou ser unha especie de xoguete, o cal, máis que detectarche o movemento , simulaba de forma incoherente os movementos máis bruscos. Aínda así, o seu éxito foi tal, que existen decenas de xogos diseñados especialmente para esta cámara.

Anos despois, Nintendo quixo subirse ao carro da moda de detectar movemente e aplicou esta tendencia ao mando da Wii (non fai falla que vos explique as súas vantaxes… e inconvenientes).

Agora Microsoft non se quere quedar atrás e no E3 presentou, o que describíu como o futuro dos videoxogos. Non vos recorda algo esta historia?.Trátase de Proyect Natal, outra cámara, a cal parece ser que a súa detección de movemento é bastante superior ao Eye Toy (tamén se non…).Dita cámara é capaz de recoñecer varias persoas en pantalla, asignandolle un esquelete diferenciado a cada un deles, ademáis Kudo Tsunoda, director do proxecto asegurou que non debería haber problema ningún para detectar incluso o movemento dos dedos. No vídeo parece que responde bastante ben, pero é o suficiente para fiarme destes aparellos?Nin en soños. Non nos deixemos enganar polo que nos amosan.

Aparte disto, parece ser que se empregou esta cámara no xogo Burnout Paradise, simulando que estamos a coller o propio volante, deixando moi boas sensacións ( hai que mencionar que se non empregas as dúas mans, o coche descontrolarase, así que olvidádevos de conducir cun soa man )

E agora que vou dicir, os de Microsoft non son tan incautos para realizar unha conferencia non que non pareza que esta cámara é unha marabilla. A primeira vista parece que todo responde á perfección, que non comete nin o máis mínimo retraso…pero é esta a realidade. Teño moitas dúbidas ao respecto.

Para rematar quero reivindicar o mando tradicional, o de toda a vida. Non me gusta andar saltericando pola miña habitación ( como acontece no vídeo), nin quero facer movementos absurdos para levar a cabo algún movemento específico. O que realmente quero é coller o pad entre as miñas mans, saber que cuns poucos botóns podo realizar desde movementos imposíbeis, ata accións cotiás como pasear. Desde salvar o planeta, ata provocar o caos no mundo. Desde pilotar un coche inalcanzábel, ata carreiras en bicicletas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario