Xogos independentes

Por: Luns, 4 de Maio de 2009

Estamos acostumados a ver saír ao mercado xogos de costes multimillonarios, xogos que posteriormente de malgastar todo ese poder económico, percatámonos que o resultado non é precisamente o desexo que tiñamos.
Con isto chego a unha cuestión, é preciso gastar inxentes cantidades de diñeiro para conseguir un xogo bo?.
A miña resposta é ben clara, NON.
Precisamente aquí é onde aparecen os xogos independentes, videoxogos creados por aficionados a este mundo, os cales coa simple arma da súa mente e cun baixo coste ( moi baixo) de presuposto, conseguen programar xogos, os cales moitas veces superan a calquera dos títulos supravalorados que atopamos en calquera tenda.
Estes videoxogos non buscan a enorme calidade gráfica, senón a diversión do propio xogador, e parece mentira o adictivos que poden chegar a ser xogos tan simples como Pompo & Pompa, que coa única axuda do noso rato, teremos que pasar unha burbulla a través de diferentes tuberías, cunha soa norma: non se pode tocar a nada, ou a nosa burbulla desfarase en mil anaquiños. O que parece unha tarefa sinxela, convertirase nun reto dunha dificultade desesperante pero ao mesmo tempo atractiva.
Moitas das propostas que se presentan nos xogos independentes, son máis que nada para probar a interpretación que tería unha idea extrafalaria para uns e innovadora para outros, aplicada ao mundo videoxoguil. Como exemplo temos o que chamaron Lineal RPG ( xa vos daredes conta o por qué deste título), o cal utiliza un deseño simplista, xunto un desenrolo… curioso.
Buscando unha similitude co fermoso e entretido Braid, temos un proxecto que chamaron Chronotron. Farate pensar un pouquiño máis, pero consegue ser altamente adictivo, ademáis de conter un apartado gráfico moi decente.
Pero hai un xogo que verdadeiramente me cautivou, o xogo flash chámase Dont Look Back, e para mín é unha verdadeira obra de arte. Cun apartado gráfico retro pero fermoso, xunto a unha sonoridade espectacular e un desenrolo impresionante emulado aos clásicos plataformas, faranos estar xunto á pantalla do ordenador ata os case dez minutos, que é o que dura esta impresionante aventura. Ademáis é totalmente incríbel que un xogo dunha duración tan pequena, e sen mediar nin unha soa palabra consega transmitirnos tanto co seu argumento. Debería ser abrigatorio catar esta exquisitez, bengastade dez minutos da vosa vida neste xogo.
Como vedes os xogos independentes comezan a ter bastante forza, detalle do que me alegro descaradamente, e non vos sorprendades se pronto vemos xogos tan orixinais como este
cisne inacabado ,ou a xenialidade de este proxecto, no cal nos veremos obrigados xogar coas sombras.
A pesar da pouca aceptación que teñen estes xogos na actualidade, parece que nun futuro poderán ser un claro referente para esta cultura.
E coa boca ben aberta, digo que estas compañías multimillonarias que crean a maioría dos “bet-sellers” videoxoguís , deberían tomar exemplo do que se podería facer cos medios monetarios suficientes e unha dedicación plena cara os videoxogos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario