Como será Saboteur

Por: Luns, 4 de Maio de 2009

Xa teño comentado algo sbre este xogo, e aínda que non me gustou demasiado que quedase sen multixogador, parece que o proxecto vai collendo máis cor, e nunca mellor dito xa que iso será precisamente unha das características de Saboteur.
Como se aprecia no vídeo, veremos o mundo en branco e negro o cal irá collendo cor cada vez que avancemos no argumento. Isto xa o temos visto en Okami, ou algo moi semellante pasa no último Prince of Persa, pero poder aplicar isto á época nazi pode resultar verdadeiramente curioso, e todo que se saia do habitual, agradécese.
A ver en qué remata esta aventura de infiltración, pero parece que vai ser un título a ter en conta.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario