Escultura de madeira

Por: Domingo, 3 de Maio de 2009

Ás veces comezas a buscar información polas redes e cando te percatas, atópaste nunha
páxina descoñecida e diante de algo tan curioso como esta escultura de madeira, a cal recrea dunha forma ben realista, un aparello que tantas alegrías nos provocou na nosa infancia.
A única pega, que non creo que funcione…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario