Graficos nun videoxogo

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009

Está bastante claro o que están facendo as empresas de videoxogos nesta xeración, non buscan nin orixinalidade, nen duración ( e difícil atopar un xogo que pase das dez horas, o que é verdadeiramente insultante), nen sequera argumento.O único que aspiran é a elevar a cantidade de píxeles, así conseguindo uns gráficos bonitos.Pero qué pasa cando compras un videoxogo destas características.É aquí a resposta.

“Despois de gastar setenta eurazos nun xogo que publicitaron ata a saciedade, chegas a casa e introducelo na videoconsola. Deixas ver a introdución e xa comezas a quedar abraiado pola súa calidade gráfica.Daslle a inicio, e comeza a correr o xogo. É tal como dixeron e quedas abraiado polos seus gráficos. Unha hora despois, as túas pupilas xa se acostumaron a tales gráficos e xa non che sorprenden tanto. Dúas horas máis tarde estás canso de repetir sempre os mesmos movementos e de facer sempre o mesmo. Ás tres horas, o ver que o argumento non é do mellor( polo que non tes tantas ganas do que vai suceder, porque xa o podes imaxinar), saes do xogo e miras a estatísticas e …… sorpresa, xa levas a metade do xogo pasado, apenas sen facer nada, polo que o día seguinte pasaralo sen problemas xa que a súa dificultade, tampouco é o seu punto forte.”
Isto é o que lle pasou a miles de persoas cando compraron o Assasin´s Screed, ou o Mirrors Edge ou a tantos outros, que destacan simplemente pola súa calidade gráfica, xa que o resto dos apartados están descoidados.
É ben sabido que o xogo perfecto non existe e que os gráficos ( sobre todo nesta nova etapa) son un factor moi importante, pero non son o factor máis relevante, e un bo xogo ten que estar formado por unha combinación de todos os apartados, o que inclúe: gráficos, duración, xogabilidade, dificultade, argumento, sonido….. e por enriba de todos estes apartados está o máis importante: A DIVERSIÓN, e moitos xogos só manteñen este factor os primeiros minutos de xogo, e tantos outros nen sequera iso.
Asique sexamos máis obxetivos a hora de validar un videoxogo, e non digamos que é bo, simplemente porque está anunciado ata a saciedade.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario