Política de márketing de Wii

Por: Xoves, 9 de Abril de 2009

Nintendo sempre foi sinónimo de calidade, con cada consola que sacaba ao mercado, o mundo videoxoguil sufría unha revolución. Está ben claro que isto cambiou.

Antes da saída da Wii, especulouse sobre o que sería a maior revolución neste ámbito, que cambiaría a nosa forma de ver os videoxogos. Pois ben, hoxe sabemos con certeza, que simplemente era parte do seu plan de márketing, e conseguírono, conseguiron que ata a xente , que non sabía nin sequera o significado de “pad”, coñecese esta consola.

Gastaron millóns e millóns en publicidade, a loxística comercial desta consola é tan perfecta, que atopamos Wiis, ata nos lugares máis insospeitados, repetiron ata a saciedade que os xogos tamén ían dedicados á xente maior( ou polo menos máis maior do habitual) ou aos nenos máis pequenos (e por suposto todos obedeceron)…

Así, hoxe en día, na maioría das casas é moi frecuente atopar un destes aparatos, algúns non saberán nin para que serve, outros encenderana cada vez que llo recorda a “todopoderosa” TV, outros usarana como pousavasos e existirá unha minoría que xogue por que lle gusta, sobre todo, rapaciños con mentes corrompíbeis.

Aínda así, despois de ver a atroz eficacia do seu márketing, penso con melancolía na antiga Nintendo, xa que a calidade dunha consola, non ben dada polas características da propia, senón polo repertorio de videoxogos, e sacando os cinco ou seis que fan sobrevivir a Wii, ¿qué nos queda?. Pois un xoguete caro, que grazas a súa política de márketing, consegue que a xente compre.

Así e todo, e con nulas esperanzas, gustaríame que na próxima xeración, Nintendo volvese a poñerse á altura dos seus inicios, invertindo máis en videoxogos e menos en publicidade, para tentar rescatar aos aunténticos xogadores, que fixeron de Nintendo o que foi.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario