Fallout 3

Por: Mércores, 8 de Abril de 2009

Vólvese repetir a mesma historia. Como en títulos anteriores, como Oblivion ou Mass Effect, póñennos na pel dun protagonista, o cal, a medida que avance no argumento, irá subindo de nivel e categoría, coa liberdade de portarse como se portaría un “heroe dunha cutre película ianqui” ou pola contra ,portarse como “a interpretación dun actor nunha cutre película ianqui”. A elección de portarse ben ou mal, dependerá dos diálogos que manteremos co resto dos personaxes.

Ata aquí, é ben parecido ao resto de RPGs de acción, aínda que este intenta innovar nos combates, dándoche opción de loitar en tempo real, ou por turnos, mediante unha opción de porcentaxe de dano que sufrirá o inimigo.

Este detalle apórtalle algo máis de graza ao xogo, pero aquí ben o gran “pero” dos combates. Aínda que podemos disparar en tempo real, case toda a aventura pelexaremos por turnos , xa que, disparar en tempo real, é unha opción demasiada complicada e imprecisa, empregando só esta función cando nos vexamos rodeados de moitos inimigos, e así , disparar a cegas, para tentar buscar cubertura.

Gráficamente, o título vai sobrado. Os personaxes teñen uns rasgos moi realistas, os efectos de iluminación están perfectamente logrados e a inmensidade do “Yermo”( que así se denomina o lugar donde se leva a cabo a acción) é impresionante. Pero,como todos os xogos, a este nivel non é perfecto, e as enormes explanadas con que nos atopamos, antóllanseme demasiado baleiras e aínda que pareza raro a auga é o peor neste apartado, xa que nin a superficie, nin as profundidades está a un nivel aceptábel, producindo unha gran inverosimilitude co resto do conxunto.

Con respecto á xogabilidade, o xogo danos dúas posibilidades, xogalo en primeira ou terceira persoa. Sen lugar a dúbidas, deberédelo xogar en primeira persoa, xa que a xogabilidade en terceira persoa é francamente mala(con deslices laterais do personaxe, o avance do protagonista non se corresponde cos pasos, etc…aínda que os que xa xogarades ao Oblivion, seguro que non vos colle de sorpresa).

Por moito que presuma de lonxevidade, a historia principal non é demasiado longa,nen sequera moi difícil(aínda que isto non lle inflúe na diversión). Pero no que verdadeiramente aumenta a súa duración, é nas misións secundarias que pode facer que o nivel de vida desta terceira parte do Fallout, chegue ata as cen horas.

En fín, un moi bo xogo de rol, que niguén debería deixalo pasar, tanto pola diversión, como por duración, porque podedes estar seguros que os seus fallos pasarédelos por alto unha vez que vos sumerxades no mundo de Fallout

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario