Por: Mércores, 8 de Abril de 2009


Este xogo flash, capaz de executalo dende calquera navegador deixoume un moi bo sabor de boca. Está claro que os videoxogos independentes non teñen a suficiente influenza nos vicio-xogadores, ben pola falta de información destes, ou ben pola falta de interese.
Esta pequena xoia, foi creado por Terry Cavanaugh, pertencente á nova ola de creadores independentes, e máis que unha obra podémola considerar como paseo interactivo.
Don´t Look Back, sumérxenos nun mundo asolado, no que deberemos guiar ao protagonista a través das diferentes pantallas e perigos que se nos propón.
A metodoloxía deste curto-xogo baséase na de morrer e volver intentar, e aínda que parece que esto sexa un lastre, todo o contrario, xa que non empezaremos dende o inicio, senón ao principio de cada pantalla, o que nos incita a seguir xogando.E tede por seguro, que teredes que repetir bastantes veces, xa que hai fases bastante complexas.
Ademáis o argumento é digno de eloxio, capaz de sorprendernos irremediábelmente ao final da historia.
Creo que non vos costa moito votarlle unha ollada, asique facédevos un favor e probadeo.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario