Resistance: Retribution

Por: Luns, 6 de Abril de 2009

Moitas atencións recibíu este xogo antes da súa propia saída, moitas destas especulaciós eran certas, outras tantas, publicidade enganosa para facerlle subir a popularidade , pero agora podemos falar del tal e como é.

Nesta entrega, póñennos na pel do soldado Grayson, que despois de ver como os quimera contaxian o seu propio irmán, vese envolto nunha misión, principalmente de vinganza.
Vale, o argumento, non é precisamente orixinal, orixinal, pero solvéntase coas súas virtudes.

Para empezar, graficamente é do melloriño que podes ver nesta portábel, cunhas explosións máis que aceptábeis, uns enemigos moi ben caracterizados e uns escenarios cheos de detalles (alonxándose do baleiro que te atopas noutros xogos). Cabe destacar a boa representación da auga, que por primeira vez, a superficie parece auga de verdade, cunhas ondulacións a ritmo dos movementos do personaxe e unha física debaixo dela moi lograda. Claro que o xogo volve fallar, no que xa fallaba o primeiro Resistance, o sangue. Nin a cor, nin a textura, nin a física desta son , nen sequera decentes, algo imperdoábel, tendo en conta que imos pasar todo o xogo disparando sen parar.

As misións non chegan aburrir grazas a variedade de escenarios e situacións, tales como momentos de submarinismo, fases pilotando robots,… aínda que a inmensa maioría do xogo pasarala disparando a pé en terceira persoa contra todo ser que se mova. Este detalle non agradará, aos amantes da aventura( e quizáis un pouco máis de exploración e algún que outro puzzle non lle viña nada mal), aínda que poden satisfacer a súa necesidade de aventureiros buscando os documentos que están desperdigados por todos os escenarios(e algún realmente difícilde atopar).
Outro punto forte, é a súa doblaxe, que non lle ten que envexar nada o de algunhas películas, ademáis que a súa duración é máis que decente, ligado á súa dificultade, que a pesar de que o protagonista apunta só, en máis dunha situción, terás que repetir a misión, polas continuas mortes de Grayson, ante as balas dos contrarios.
En fin, Imsomniac creou un videoxogo entretido, pero que non é perfecto nin moito menos,( por moitas alabanzas que reciba de publipáxinas e publirevistas), que te manterá acribillando quimeras durante unhas doce horas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario